EDUCACIÓN

Preséntase o programa educativo e unidades didácticas de "Non queimes o futuro"

26/02/2007 A Consellería de Medio Rural e a Asociación Sociopedagóxica Galega están a poñer en marcha un programa de sensibilización medioambiental que leva por título "Non queimes o futuro", destinado especialmente aos centros escolares de primaria e secundaria de Galicia. A Conellaría de Educación e Mociade colabora con este programa pretende sensibilizar ao alumnado sobre a catástrofe que supón o lume forestal e crear unha conciencia activa na defensa do medio rural e natural.

Para facilitar o traballo nas aulas poñerase a disposición do profesorado material didáctico para educación primaria e secundaria, unha exposición itinerante que recolle as consecuencias negativas da queima do monte e un vídeo resume coas propostas do programa e cunha información máis completa sobre os contidos da exposición.

Con tal motivo haberá un acto de presentación por parte dos creadores do programa e dos materiais que terá lugar o martes 27 de febreiro de 2007, ás 18:30 horas, no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche (Frei Rosendo Salvado 14-16).

Así mesmo, presentaranse as experiencias realizadas polo CEIP O Piñeiriño de Vilagarcía de Arousa "O valor dos bosques. Os incendios forestais". e o CEIP Frei Luis de Granada de Sarria: "As árbores e o efecto invernadoiro". Do mesmo xeito, darase a coñecer unha serie de propostas de actividades para o Día da árbore e o Día da Terra.

Os representantes dos centros educativos interesados en asistir a esta presentación, poderán confirmar a súa presencia enviando un fax ao nº 981 57 15 11 indicado nome e apelidos dos profesores/as que asistirán á xuntanza. Para calquera consulta pódese chamar ao teléfono da Asociación Sociopedagóxica Galega, 981 27 82 59.

Compartir: