POLÍTICAS SOCIAIS

Santiago acollerá o XVII Encontro Institucional da Fundación Secretariado Xitano

17/02/2020 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, reuníronse esta mañá na Casa do Concello coa Fundación Secretariado Xitano, para coñecer o programa do XVII Encontro Institucional da devandita entidade, que se celebrará na Hospedería de San Martiño Pinario os días 10, 11 e 12 de marzo.

Neste encontro reuniranse arredor de 130 responsables da Fundación en toda España para debater arredor da interculturalidade. Estas xuntanzas, que se realizan con carácter anual, xorden co obxectivo de desenvolver as liñas estratéxicas da fundación, así como o plan de acción, para seguir avanzando na mellora da atención ás familias xitanas.

Os representantes da Fundación tamén deron conta na reunión mantida hoxe na Alcaldía das actividades realizadas dentro do programa Acceder, no que colabora o Concello, dende o ano 2004 ata a actualidade, e dos resultados obtidos.

Compartir: