ALCALDÍA

Constituída a Comisión de xestión ordinaria do Concello

12/02/2020 Vénse de constituír a Comisión de xestión ordinaria do Concello de Santiago de Compostela, nunha reunión que estivo presidida polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo. Reunirase cada quince días, e intégrana varios membros do grupo de Goberno; técnicos de distintos departamentos, como Disciplina Urbanística, Policía Local ou Parques e Xardíns; e representantes das empresas municipais ou concesionarias de servizos, como Tussa, Ferrovial, Viaqua ou Urbaser.

O obxectivo desta comisión é coordinar e realizar un seguimento da xestión dos distintos traballos de obras e mantemento; así como dos servizos prestados polo Concello de Santiago, como recollida de residuos, auga, alumeado, vías e obras, transporte, seguridade, etc. A través desta comisión tamén se coordinarán os eventos programadas na cidade durante o Xacobeo 2021, así como actos protocolarios, visitas institucionais, etc.

Esta comisión non é nova. Xa existía nos anteriores mandatos de Sánchez Bugallo. Ademais do alcalde, nela están presentes os concelleiros de Urbanismo, Mercedes Rosón; de Medio Ambiente, Mila Castro; de Tráfico, Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños; de Medio Rural, José Manuel Pichel; e de Barrios e Obras, Javier Fernández.

Compartir: