ALCALDÍA

Xuntanza en Raxoi coa Asociación Itínera

10/02/2020 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, reuníronse este luns con José Canedo e Carlos Martínez, da Asociación Itínera.

A xuntanza serviu para analizar as colaboracións que o Concello mantén con esta entidade e para explorar novas vías de traballo conxunto. Na actualidade, Itínera recibe do Concello unha subvención anual de 5.000 euros para desenvolver as súas actividades vinculadas ao estudo, idiomas, informática, desenvolvemento cultural e actividades de divulgación, nas que participan preto de 150 persoas.

Ademais, dentro do seu programa medioambiental, a Asociación forma grupos de traballo, formados por voluntarios/as sociais, que colaboran co Concello en tarefas de limpeza e mantemento de fincas, camiños, muros ou edificacións.

Compartir: