LIMPEZA E SEGURIDADE

A Policía local identifica a once persoas por orinar na vía pública

23/02/2007 O primeiro xoves de movida trala entrada en vigor da Ordenanza de convivencia, residuos e limpeza viaria, o luns 19 de febreiro, saldouse con once persoas identificadas por orinar na vía pública.

Os 11 infractores foron identificados tras orinar na vía pública, en concreto no ámbito do Casco Histórico (Rúa Nova, Xelmirez, rúa das Ameas e Cantón de San Bieito). Foron 10 homes e unha muller, dos que só un está empadroado en Compostela.

A Ordenanza fixa a sanción aplicable a estes feitos, orinar en espazos públicos catalogados, no aboamento de entre 301 e 750 euros. A partir de agora ábrese o proceso de notificación da multa aos infractores que contarán cun período para presentar alegacións.

A Policía local de Santiago continuará coa vixilancia pertinente para facer cumprir a devandita ordenanza.

Compartir: