ALCALDÍA

Xuntanza coa Unión de Consumidores de Galicia

03/02/2020 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, reuníronse co secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia, Miguel López, e cunha das vogais da entidade, Rocío Arnoso.

Concello e Unión de Consumidores exploraron posibles vías de colaboración en materia de consumo. Esta entidade leva máis de 31 anos desenvolvendo un importante labor de concienciación e información e defendendo os intereses dos consumidores e consumidoras galegas. A organización non ten ánimo de lucro, e o seu financiamento procede únicamente das achegas dos seus máis de 4.000 asociados e asociadas.

Compartir: