ALCALDÍA

O número de inverno da revista de información municipal analiza Compostela como destino turístico e empresarial

23/02/2007 Os cidadáns de Compostela van comezar a recibir nas súas casas un novo número da publicación de información municipal do Concello de Santiago. Nesta ocasión analízase en profundidade o papel da cidade como destino turístico e de creación de solo empresarial.

Ademais destes temas, a revista inclúe dúas entrevistas cos concelleiros de Turismo, Francisco Candela, e de Cultura, Néstor Rego. Tamén se fai un repaso por todo o acontecido en 2006 e estúdase o pulo definitivo dado ao saneamento do rural. A inauguración da Avenida de Barcelona, o Premio Reina Sofía de Accesibilidade 2006 ou o balance do Nadal, entre outras cuestións, completan a oferta informativa.

Compartir: