PLENO

O Concello cede unha parcela en Fontiñas para a un centro da terceira idade

22/02/2007 O Pleno municipal aprobou por unanimidade a ampliación dos usos permitidos na parcela B (porción sur) do polígono 3 do Plan Parcial de Fontiñas. O obxectivo desta modificación é ceder ese terreo para a futura construción dun centro da terceira idade e para a ampliación do Conservatorio Profesional de Música.

O alcalde compostelán explicou que se cambian de uso 2.000 metros cadrados para o centro docente e 5.000 para a futura residencia de maiores. Sánchez Bugallo indicou que xa se lle ofreceu esa parcela á Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar nas conversas mantidas cos seus responsables. "Sería moi adecuado para a cidade de Santiago que se puidera facer unha residencia para maiores nesta zona, que atendería unha demanda insatisfeita", apuntou.

Compartir: