ALCALDÍA

O Concello colaborará con Odontoloxía na posta en marcha dun programa de saúde bucodental para persoas sen recursos

13/01/2020 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu este luns o decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía, Julián Álvarez Escudero.

A xuntanza serviu para dialogar sobre o papel da Facultade de Medicina no casco histórico de Compostela e sobre futuras colaboracións. En particular, segundo anunciou o alcalde, o Concello vai colaborar coa Facultade de Odontoloxía nun programa que permitirá o acceso á saúde bucodental de persoas sen recursos. Esta iniciativa estará incluída nos orzamentos de 2020.

Compartir: