ALCALDÍA

Reunión coa Asociación de Antigos Tunos Composteláns

10/01/2020 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu este venres unha representación da Asociación de Antigos Tunos Composteláns, encabezada polo seu presidente, Benigno Amor.

A Asociación de Antigos Tunos Composteláns é a entidade que xestiona o Museo Casa da Troia. O Concello de Santiago forma parte do seu Padroado, do que o alcalde é vicepresidente 1º.

Compartir: