SEGURIDADE CIDADÁ
O alcalde felicitou os novos funcionarios, deulles a benvida e desexoulles todo o mellor nesta nova etapa profesional das súas vidas.
Cinco novos axentes incorpóranse á Policía Local
03/01/2020 Hoxe pola mañá foron recibidos no Pazo de Raxoi polo alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo, o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, e o xefe da Policía Local, José Ramón Silva.
Estas cinco incorporacións fan que o actual plantel da Policía Local acade os 121 efectivos, á espera da chegada de 16 axentes para finais deste ano, ou principios do que vén, en función do remate do proceso selectivo, que se atopa nas últimas probas, e tras cumprir co período de formación na Academia Galega de Seguridade (9 meses). Destas 16 prazas, 12 son libres e 4 de mobilidade interadministrativa.O alcalde felicitou os novos funcionarios, deulles a benvida e desexoulles todo o mellor nesta nova etapa profesional das súas vidas.