MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

Policía Local e Garda Civil realizaron 359 probas de alcoholemia e drogas na mañá do 1 de xaneiro, co resultado de 15 positivos

03/01/2020 Continúa a colaboración entre a Policía Local e a Agrupación de Tráfico da Garda Civil de Santiago de Compostela na realización de controis preventivos de alcoholemia e drogas. Nun dispositivo conxunto, desta vez axentes de ambos corpos realizaron 359 probas entre as 7:00 e as 12:00 horas do mércores 1 de xaneiro.

Os controis efectuáronse na SC-11 (zona do Castiñeiriño), na AC-543 (Vidán) e na DP-701 (Romaño). En total realizáronse 351 probas de alcoholemia, cun resultado de 11 positivos, dos que nove derivaron en denuncias administrativas e dous en denuncias xudiciais.

Ademais, practicáronse outras oito probas de drogas, catro das cales foron positivas, polo que se tramitaron catro denuncias pola vía administrativa.

Compartir: