ALCALDÍA
A Lusa - Agência de Notícias de Portugal é a maior axencia de lingua portuguesa. Naceu en 1986 e conta con máis de 280 xornalistas ao seu servizo esparcidos por todo o mundo. É membro e ten participación na Axencia Europea de Fotografía.
Encontro do alcalde con Miguel Pinto, da Agência de Notícias de Portugal
26/11/2019 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse este martes con Miguel Pinto, da Agência de Notícias de Portugal Lusa.
No encontro tamén estivo presente a coordinadora de marketing da Axencia, Sofia Cortes Cadete. Ambos trasladaron ao rexedor compostelán a intención da axencia de organizar en vindeiras datas e nunha cidade aínda por concretar un foro sobre o Camiño de Santiago. Acompañou a Miguel Pinto e Sofia Cortes o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoan Mao.A Lusa - Agência de Notícias de Portugal é a maior axencia de lingua portuguesa. Naceu en 1986 e conta con máis de 280 xornalistas ao seu servizo esparcidos por todo o mundo. É membro e ten participación na Axencia Europea de Fotografía.