EMIGRACIÓN E INMIGRACIÓN

As asociacións de inmigrantes da cidade celebran a festa do Entroido no Castiñeiriño

19/02/2007 O Departamento de Emigración e Inmigración do Concello de Santiago está a organizar unha festa de Antroido para os inmigrantes que residen na cidade.

Terá lugar ás 22.30 horas do luns 19 de febreiro, no centro sociocultural do Castiñeiriño. Ao evento están inivitadas todas as asociacións de inmigrantes, así como os veciños do barrio. Haberá un premio para o mellor disfraz de adultos e outro para o mellor disfraz infantil, todo amenizado con música latina.

Compartir: