EDUCACIÓN

Educación adquirirá novo equipamento para as escolas infantís de Conxo e das Fontiñas

21/11/2019 A Concellaría de Educación vén de recibir unha subvención de 12.117,36 euros da Xunta de Galicia para mellorar as infraestruturas e equipamentos das escolas infantís de Conxo e das Fontiñas. Esta axuda pública, que ascende a 12.117,36 está cofinanciada polo Goberno autonómico e, nun 80% (9.693,89 €), polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Educación destinará este gasto á adquisición e mellora de equipamento, incluída a compra de mobiliario interior e exterior e de material didáctico e de xogo por importe de 6.882,36 € para as escolas infantis municipais de Conxo e das Fontiñas. Tamén se dotará de conexión a internet e compraranse os dispositivos para a integración das novas tecnoloxías na aula por importe de 5.235 euros para estes dous centros.

Compartir: