XUNTA DE GOBERNO

O Concello reduce a súa débeda bancaria en 6,4 millóns de euros

21/11/2019 A Xunta de Goberno Local, nunha sesión extraordinaria celebrada este xoves, aprobou dous suplementos de crédito destinados á amortización de débeda bancaria. Estas operacións permitirán reducir a débeda en 6.434.602, 94 millóns de euros.

Estes suplementos de crédito, un de 5.055.032,54 euros e outro de 1.379.570,40 euros, fináncianse co remanente líquido de Tesourería para gastos xerais do exercicio 2018.

Documentos relacionados



Compartir: