ALCALDÍA

Reunión do alcalde coas asociacións de veciños do Pombal e Monte de Deus

18/11/2019 O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse este luns coa directiva da Asociación de Veciños do Pombal e con responsables da Asociación de Veciños Monte de Deus.

No encontro cos veciños do Pombal o tema central foi o proxecto de actuación sobre os muros da Alameda, aínda que tamén se falou de substituír o formigón da rúa por asfalto. Ademais do alcalde, á xuntanza asistiron os concelleiros de Urbanismo, Mercedes Rosón; de Medio Ambiente, Mila Castro; e de Barrios e Obras, Javier Fernández.

A reunión coa Asociación de Veciños Monte de Deus centrouse, sobre todo, na demanda de novos contedores e no reasfaltado da zona. Na xuntanza tamén estiveron presentes os concelleiros de Políticas Sociais e Medio Ambiente, Mila Castro; de Seguridade Cidadá e Mobilidade, Gonzalo Muíños; e de Barrios e Obras, Javier Fernández.

Compartir: