PARQUES E XARDÍNS

Obras de limpeza de cunetas e desbroce nas parroquias do Sur

19/02/2007 O Goberno local adxudicou as obras limpeza de cunetas e desbroce nas parroquias do sector sur. Esta actuación suporá un investimento de 59.708 euros e teñen un prazo de execución de seis meses. Afectarán a parroquias como Vidán, Conxo, Laraño, Villestro, Figueiras, Marrozos, San Lázaro ou Aríns. Para a realización das obras contratarase un equipo adicional, consistente nunha desbrozadora de brazos, co seu correspondente operario, e nun peón.

Tamén se adxudicaron, por un importe de 59.900 euros, as obras de mantemento e conservación de beirarrúas na zona de Sar. Nun prazo de dous meses, poranse as beirarúas e o pavimento das rúas Gómez Ulla, Pérez Constanti e Neira de Mosquera.

Compartir: