EDUCACIÓN

O Concello instalará novos elementos de xogo en cinco parques infantís

19/02/2007 A Xunta de Goberno local aprobou os orzamento e o inicio do expediente de contratación para o subministro e instalación de xogos en catro colexios. En concreto, beneficiaranse desta iniciativa os CEIP Vite I, Lamas de Abade, Roxos-Villestro e Rodríguez Xixirei. En total, investiranse máis de 110.00 euros.

No caso de Lamas de Abade, acometeranse tamén obras de acondicionamento da área de xogos. Esta actuación terá un custo de 9.543 euros.

Tamén en materia de educación, acordouse solicitar unha subvención de 18.328 euros á Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para o desenvolvemento dos seguintes programas: Programa de educación afectivo sexual, Locais de ensaio de música para a mocidade e Programa de educación para a paz, a convivencia e a solidariedade.

Outro programa que recibiu o visto bo foi o de utilización didáctica da cidade "Vivir Santiago/2007". Destinado a profesores e alumnos de ensino primario e secundario, incluirá visitas guiadas, co fin de facilitarlles o coñecemento da cidade, reforzar o seu sentimento de pertenza e darlle acceso ás súas posibilidades formativas.

Compartir: