PLENO

A Corporación aproba en pleno a conta xeral de 2018

14/11/2019 O Pleno, nunha sesión extraordinaria, aprobou esta mañá a conta xeral do ano 2018. O documento recibiu os votos favorables do grupo do Goberno e de Compostela Aberta, mentres que PP e BNG optaron pola abstención.

Segundo explicou a concelleira de Economía e Facenda, Marta Abal, a conta reflicte unha "boa situación financeira" do Concello e así o amosan os indicadores de liquidez. Non obstante, dixo, seguen constatándose "deficiencias estruturais", sobre todo no relativo ao "esforzo inversor" e ao nivel de execución orzamentaria nesta materia.

Cara a vindeiros exercicios, a concelleira expresou a necesidade de contar cunha contabilidade analítica que "nos permita determinar o custo de todos os servizos que presta o Concello. Tamén expresou como prioritaria a "actualización do inventario de bens do Concello".

Compartir: