INFRAESTRUTURAS

O novo vieiro de San Lourenzo, listo tamén para os peóns

17/02/2007 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, inauguraron o vieiro de San Lourenzo. En concreto, tratouse de por a disposición dos peóns as novas beirarrúas, unha vez que a estrada se abrira ao tráfico rodado hai uns meses.

A Deputación da Coruña investiu case dous millóns de euros nas obras do nuevo vieiro de San Lourenzo e na urbanización do seu contorno para configuralo coma un boulevard. As obras iniciaronse en agosto de 2005 e o proxecto executouse en dúas fases, para incluír algunhas melloras solicitadas polos veciños. Na primeira abordouse a mellora do vieiro, con modificacións mo trazado e coa supresión dalgunhas curvas, e na segunda actuación construíronse as beirarrúas.

A estrada ten unha lonxitude de 1.270 metros está formado por unha calzada con dous carrís de circulación, de 3,5 metros de ancho, con beirarrúas de 2,5 metros. O ancho total é de 12 metros.

As novas beirarrúas son de baldosa de granito fronte ao Pazo de San Lourenzo e de baldosa de formigón no resto do vieiro, con proteccións peonís de contención en zonas de desnivel. Rebaixáronse as beirarrúas para a accesibilidade de pasos peonís.

A urbanización tamén incluíu nova iluminación, composta de conxuntos de columnas de 8 metros de altura, coas súas correspondentes luminarias e lámparas de 250 watios.

As obras incluíron a recollida de augas pluviais, a sinalización vertical e horizontal, o pintado dos pasos peonís e a instalación de bandas de goma redutoras de velocidade ao obxecto de incrementar ao máximo as condicións de seguridade viaria. Para configurar o contorno da estrada como unha zona de boulevard plantáronse bidueiros.

Ademais do alcalde e do presidente da Deputación da Coruña, asistiron á inauguración o rector da Universidade de Santiago, Senén Barro, e varios membros da Corporación compostelá.

Compartir: