ALCALDÍA

Recoñecemento municipal ao Arteal Tenis de Mesa

04/11/2019 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu o Arteal Tenis de Mesa, que este pasado fin de semana disputou a terceira ronda da ETTU Cup fronte ao TTC Sokah Hoboken (Bélxica). No acto tamén participaron a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, e o voceiro de Compostela Aberta, Martiño Noriega.

José Énio Mendes e Humberto Manhani acudiron á cita en Raxoi acompañados do presidente do club, José Alborés. O Arteal perdeu nesta ocasión por 1-3 no partido disputado en Compostela, pero aínda teñen outra oportunidade de dar a volta á eliminatoria no encontro de volta en terras belgas esta próxima fin de semana.

Compartir: