ALCALDÍA

A Corporación municipal recibe as 59 entidades deportivas que participaron na Festa do Deporte

28/10/2019 A Corporación Municipal recibiu hoxe, no Salón Nobre do Pazo de Raxoi, a representantes das 59 entidades deportivas que participaron na Festa do Deporte, celebrada o pasado 30 de setembro no Parque de Galeras. Nesta terceira edición inscribíronse uns 1.500 escolares, que puideron desfrutar de 56 modalidades deportivas.

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa; e os edís Alejandro Sánchez Brunete e Ana Sabel, do Grupo Popular; Jorge Duarte, de Compostela Aberta; e Goretti Sanmartín, portavoz do BNG; entregaron un diploma a cada unha das entidades e federacións participantes.

A Festa do Deporte está organizada pola Concellaría de Deportes e realízase en colaboración coa Universidade, a Fundación USC Deportiva, a empresa XADE -responsable da xestión dos complexos Multiúsos de Sar e de Santa Isabel- e Supermercados Gadis, que se encarga do avituallamento.

Compartir: