ALCALDÍA

O alcalde reúnese co xefe da Garda Civil da Coruña, Francisco Javier Jambrina

28/10/2019 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse hoxe co coronel Francisco Javier Jambrina, xefe da Garda Civil da Coruña. Entre os asuntos tratados no encontro figura a colaboración entre as dúas institucións.

O coronel Francisco Javier Jambrina é xefe da Comandancia da Garda Civil da Coruña desde agosto de 2015. Naceu na localidade zamorana de Moraleja del Vino, en 1961. Leva máis de 35 anos no corpo. Ao principio desenvolveu a súa actividade en Asturias e León. Despois participou na loita antiterrorista na Comandancia de Biscaia e traballou en Guatemala, coa ONU, nunha misión de carácter humanitario, así como asesorando tecnicamente á Policía Nacional Civil do país centroamericano. Antes de chegar á Coruña, o coronel Jambrina estivo ao mando da Comandancia de Salamanca.

Compartir: