PROMOCIÓN ECONÓMICA

Máis de cen empresas ofertan postos de traballo na feira de Talentia Summit’19

22/10/2019 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo inaugurou a Feira Talentia, no marco do Talentia Summit’19, que permanecerá aberta aberta ata mañá. No Palacio de Congresos danse cita máis de cen empresas, 70 delas reclutando talento. En total hai 300 ofertas de emprego, para cubrir máis de mil postos de traballo; ademais de 660 prazas para accións formativas, e 21 accións para a obtención de certificados oficiais, como probas de inglés de Oxford, Excel 2016, Adobe Photoshop, Scrum Manager, Unity ou Microsoft Azure, entre outras.

A organización de Talentia xera un correo electrónico para cada empresa, que funciona como un sistema de transmisión dos currículos das persoas interesadas en algúns dos postos que oferta. Á súa vez, cada unha das firmas participantes ten unha clave para acceder ás bases de datos dos currículos entregados.

Destacaba Sánchez Bugallo e o director de Talentia, Javier Ferreiro, a importancia de que estean presentes, neses stands, responsables de Recursos Humanos de grandes compañías, entre elas Carrefour ou Finsa, cos que as persoas participantes poden establecer un diálogo e aproximarse aos perfís que as empresas demandan. "Por iso é importante vir a Talentia", sinalou o alcalde. "É unha oportunidade única de falar con eles".

Compartir: