ALCALDÍA

Encontro co representante de Taiwán en España, José María Liu

14/10/2019 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Relacións Institucionais e Turismo, Sindo Guinarte, reuníronse hoxe co representante de Taiwán en España, José María Liu, e con distintos responsables da Oficina Económica e Cultural de Taipei. Entre os asuntos tratados no encontro figura a busca dun estreitamento de relacións entre as empresas de Compostela e Taiwán.

Sánchez Bugallo explicou que se trata dun país que está medrando economicamente, polo que sería positivo "buscar un maior equilibrio" na balanza comercial con España, así como afondar nas potencialidades de crecemento dese mercado asiático. Neste momento, sinalou o rexedor, xa hai empresas de Santiago, como Finsa, que están exportando a Taiwán.

O alcalde tamén destacou a presencia en Santiago, cada vez maior, de peregrinos e turistas procedentes de Taiwán, un país que ten un 1,5 por cento de poboación católica. No encontro tamén estaba presente Fernando Pérez-Soba, responsable de Promoción Internacional da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela.

Compartir: