ALCALDÍA

O proxecto básico da nova estación do AVE será sometido a información pública nos vindeiros días, unha vez aprobado por ADIF

10/10/2019 O proxecto básico e construtivo da nova estación do AVE será publicado no BOE nos vindeiros días, tras ser aprobado esta pasada semana por ADIF, tal como lle comunicou por teléfono ao alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, a presidenta de ADIF, Isabel Pardo de Vera.

Unha vez publicado no BOE, o proxecto será sometido a exposición pública e remitido tanto ao Concello de Santiago como á Xunta de Galicia. O alcalde ten manifestado nas últimas semanas que o obxectivo é ter aprobado o proxecto definitivo antes de final de ano.

Compartir: