PLENO

Cambios nas empresas municipais e en varias comisións informativas

15/02/2007 A incorporación de Carlos Nieves e Guadalupe Rodríguez como concelleiros e o cesamento dos seus predecesores motivou o cambio de representantes do Grupo Municipal Socialista en varias empresas municipais e comisións informativas. Así se ratificou no Pleno extraordinario celebrado en Raxoi

En concreto, Carlos Nieves incorpórase aso consellos de administración de Mercagalicia, Tussa e Emuvissa. A nova concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, tamén se incorpora ao órgano rector de Emuvissa. Tamén se produciron trocos nas comisións de Urbanismo, Infraestruturas e Vivenda; Presidencia, Réxime Interior, Facenda e Especial de Contas; Sostibilidade, Medio Ambiente e Servizos Municipais; e Área Social.

Estudos de detalle

O Pleno tamén aprobou o Estudo de detalle da Choupana (SUP-6), que resolve un leve desprazamento duns 50 centímetros en dúas rúas desta espazo, sen que supoña redución da superficie viaria. Igualmente, ratificouse o Estudo de detalle do quinteiro 18 do SUNP-22 (Castro de Abaixo). Neste caso procedeuse á determinación de rasantes e á ordenación de volumes, que afectan a catro vivendas destinadas a realoxos.

Compartir: