ALCALDÍA

Recepción ao embaixador alemán, Wolfgang Dold

24/09/2019 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu o embaixador da República Federal de Alemaña en España, Wolfgang Dold. No acto tamén participaron o concelleiro de Relacións Institucionais, Sindo Guinarte, e os voceiros municipais de PP, Alejandro Sánchez-Brunete; Compostela Aberta, Martiño Noriega; e BNG, Goretti Sanmartín.

O diplomático, embaixador de Alemaña en España dende setembro de 2018, asinou no Libro de Honra da cidade.

Compartir: