ALCALDÍA

Encontro coa Asociación Provincial de Empresarios de Construción da Coruña (APECCO)

23/09/2019 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse este luns coa Asociación Provincial de Empresarios de Construción da Coruña (APECCO), encabezada polo seu presidente, Diego Vázquez, e polo vicepresidente da entidade, José Luis Candela. A xuntanza foi unha primeira toma de contacto na que a entiade lle trasladou ao rexedor as súas propostas.

APECCO naceu en 1977 co obxectivo de procurar o desenvolvemento e mellora do sector da construción na provincia, e de todas as actividades que o integran: promoción de vivendas, instaladores, reformas e rehabilitación, revestimentos e impermeabilizacións, cimentacións, enxerías, servizos, materias de construción, etc.

Compartir: