MULLER

Reparto de cuncas para sensibilizar aos máis novos sobre a igualdade de xénero

14/02/2007 Continúa a desenvolverse nos centros escolares a Campaña de concienciación e sensibilización sobre os valores da igualdade de sexo. Esta vez foi o CEIP de Roxos-Villestro o que recibiu a visita da concelleira de Benestar Social e Muller, Adelaida Negreira, que repartiu entre os alumnos xogos de dúas cuncas con imaxes relacionadas co reparto das tarefas domésticas entre os pais e as nais.

A campaña pretende transmitir a necesidade dun reparto normalizado das tarefas da casa entre os membros adultos da familia. O obxectivo é que perciban que as responsabilidades domésticas están por riba do xénero e que reproduzan o reparto de tarefas fóra e dentro do fogar.

As cuncas levan inscrita a mensaxe "Miña nai frega, meu pai...tamén". Mil xogos de cuncas están sendo entregados nos 29 centros de ensino da cidade. A campaña ten como material de apoio 3.000 pegatinas, 200 carteis e 2.000 tarxetas.

Compartir: