CONSORCIO

O Consorcio e a Universidade difunden a cultura compostelá

14/02/2007 O Consorcio e a Universidade de Santiago de Compostela asinaron un convenio de colaboración para a publicación conxunta de varios títulos dentro das diversas coleccións que ámbalas dúas institucións posúen.

O acordo recolle que o encargado do Departamento de Publicacións do Consorcio e o director académico do Servizo de Publicacións da Universidade establecerán o plano editorial das obras a publicar en colaboración ata o ano 2010. Neste sentido, a Universidade asume os custos de promoción e difusión científica, así como a comercialización das obras editadas.

Ata agora, o Consorcio de Santiago e a Universidade levan posto en circulación máis dunha ducia de libros entre os que destacan "O Colexio de Fonseca" de Antonio Fraguas, "O Colexio de San Celemente de Pasantes de Compostela" de Sebastián González García-Paz, "Señorío y municipalidad. Concurrencia y conflicto de poderes en la ciudad de Santiago (siglos XVI-XVII)" de María López Díaz, "Compostela, años atrás" de Alonso Zamora Vicente, ou os estudos realizados por varios autores sobre Valle-Inclán, Quevedo ou Emilia Pardo Bazán.

Compartir: