XUNTA DE GOBERNO

O Concello destina máis de 600.000 euros anuais ao mantemento de edificios e instalacións municipais

11/09/2019 Este mércores celebrouse unha sesión extraordinaria da Xunta de Goberno Local, na que se abriu o procedemento de adxudicación do Servizo de conservación, reparación, pequena reforma ou ampliación de diversos edificios e instalacións dependentes do Concello de Santiago.

O servizo de conservación e reparación en instalacións municipais sae a licitación por 630.800,02 euros/ano (IVE incluído). O contrato ten carácter plurianual, polo que as cantidades distribúense do seguinte xeito: 52.566,67 euros para 2019, 630.800,02 euros para 2020 e 578.233,35 euros para 2021, sendo o importe total de 1.261.600,04 euros.

A cantidade máis alta segue reservándose para actuacións nos centros educativos, con 800.000,04 euros. O resto do importe distribúese para obras en servizos xerais, centros socioculturais, Casa das Asociacións, instalacións deportivas e benestar social.

Senda peonil na estrada Bugallido-A Barcia
Tamén se aprobou o proxecto de execución das obras de prolongación da senda peonil existente na estrada municipal Bugallido-A Barcia ata o local sociocultural da parroquia de Laraño e o reforzo do pavimento de calzada nun tramo esta estrada, así como a inclusión deste proxecto na segunda fase do Plan Único de Concellos POS + Adicional 1/2019 da Deputación Provincial da Coruña. Este proxecto conta cun orzamento de 167.827,07 euros.

Documentos relacionados



Compartir: