EDUCACIÓN

Publicada a relación de prazas vacantes na Escola Municipal de Música

06/09/2019 Finalizado o período de matrícula dos admitidos e admitidas na 1ª convocatoria, e unha vez agotada a listaxe de agarda, a Concellaría de Educación vén de publicar as prazas que continúan vacantes nas diferentes especialidades da Escola Municipal de Música para o curso 2019-2020.

A matrícula realizarase directamente na secretaría da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela (Finca de Vista Alegre - Rúa das Salvadas, s/n). Xunto coa solicitude de matrícula debe achegarse a seguinte documentación:

- Aquela documentación que indique a Ordenanza de prezos públicos de Santiago como necesaria para beneficiarse das bonificacións ou exencións que se establezan.

- Anexos 1 e 2 (dispoñibles na EMM, na web do Concello ou no Departamento Municipal de Educación) e autorización de saída do centro no caso dos menores de idade.

- Fotocopia do DNI ou folla do libro de familia onde figura o alumno/a.

- Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a.

- Xustificante bancario de ter satisfeito as taxas de matrícula na conta bancaria habilitada a tal efecto (se non se está exento do pago).

Prezo público
Os prezos públicos, de acordo coa ordenanza municipal, son:

· Matrícula: 59,50 EUR

· Cotas mensuais:
Escola Infantil de Música: 35,65 EUR
Especialidade instrumental (curso completo) PEX ou PEPA: 53,50 EUR
Práctica instrumental + actividades instrumentais de conxunto: 42,80 EUR
Formación musical complementaria á práctica instrumental: 35,65 EUR

Documentos relacionados



Compartir: