URBANISMO

Visto bo á urbanización de Tras Paxonal

12/02/2007 Tal como anunciara o alcalde, a Xunta de Goberno aprobou definitivamente o proxecto de urbanización do solo urbanizable non programado número 14 (SUNP-14) de Tras Paxonal.

Neste solo construiranse 382 novas vivendas, das cales 300 serán protexidas. Agruparanse en cinco bloques e tamén haberá unha serie de vivendas unifamiliares para o realoxo dos propietarios afectados. Este novo espazo residencial sitúase tralo restaurante Paz Nogueira e en paralelo á Avenida de Santiago de Cuba.

Expropiacións en Pontepedriña

Tamén en materia de urbanismo, aprobouse o proxecto técnico de expropiación do solo urbanizable programado número 7, de Pontepedriña, que suporá un investimento de 11,6 millóns de euros. Deste proxecto encárgase Emuvissa.

Compartir: