EDUCACIÓN E MOCIDADE

Actualízanse as normas de uso dos Locais Municipais de Música para a Mocidade de Compostela

12/02/2007 As normas de uso dos Locais Municipais de Música para a Mocidade de Compostela foron actualizadas. O Goberno local deu o visto bo a estas regras e aprobou o orzamento para desenvolver os labores de xestión e mantemento, por un importe de 17.965 euros.

O Departamento de Educación e Mocidade pon a disposición dos grupos musicais da cidade un local con dúas salas independentes para ensaios, situados nos baixos do fondo sur do estadio de San Lázaro. Nestas salas, os grupos contan con material básico necesario para os seus ensaios. O incremento da reserva de uso deste equipamento obrígoa a dará resposta ás necesidades con novas normas de uso.

Áreas de xogos infantís

A Xunta de Goberno aprobou tamén a adxudicación das obras de acondicionamento das áreas de xogo infantís nos CEIP Vite I, Roxos-Villestro e Rodríguez Xixirei. O orzamento ascende a 26.731 euros.

Compartir: