DEPORTES

Aprobado o proxecto do novo pavillón polideportivo de Fontiñas

12/02/2007 O Goberno local deu o visto bo ao proxecto básico e de execución do novo pavillón polideportivo de Fontiñas, que ascende a 2.450.000 euros. Esta nova dotación deportiva situarase en dous planos de uso: un dende a Avenida de Madrid e outro dende a praza que ensancha a beirarúa da rúa de Lisboa.

Construiranse 2.624 metros cadrados, incluídas as zonas cubertas exteriores. O seu prazo de execución, unha vez adxudicadas as obras, será de 18 meses. O financiamento está compartido entre o Concello e as consellarías de Cultura e Deporte e de Educación e Ordenación Universitaria.

Máquinas expendedoras

Tamén en materia de deportes, aprobouse o inicio do expediente de contratación da instalación de máquinas expendedoras e da explotación do servizo nos recintos deportivos do Concello de Santiago. O canon anual mínimo que se establece por máquina instalada é de 200 euros.

Compartir: