RELACIÓNS VECIÑAIS E POLÍTICA LINGÜÍSTICA
Cabe destacar, entre outras novidades, un plano contábel adaptado ás asociacións sen ánimo de lucro, a xeración do balanzo e conta de resultados, a xeración automática e axuda aos asentos máis habituais da organización, asento de peche e apertura do ano, xestión do IVE, etc. O Xestora 3.0 pretende ser un paso máis para cumprir co obxectivo de facilitar a vida das asociacións de Santiago, á vez que impulsa a normalización do idioma galego na xestión administrativa.
A Lei Orgánica 1/2002 obriga ás entidades a levar unha contabilidade por partida dobre, seguindo os principios oficiais do plano xeral contábel de 1990, con certas peculiaridades propias das asociacións sen ánimo de lucro.
Nova versión do programa Xestora
10/05/2005 O Departamento de Relacións Veciñais e Política Lingüística presentou unha nova versión da ferramenta informática Xestora, que facilita a xestión das entidades sen ánimo de lucro consonte á normativa en vigor que afecta ás asociacións
O nova versión do programa Xestora, froito dun convenio asinado entre a Deputación de A Coruña e o Concello de Santiago e que ten por obxectivo facilitar a adaptación das asociacións sen ánimo de lucro á Lei Orgánica 1/2002, presenta algunhas melloras con respecto ás versións anteriores.Cabe destacar, entre outras novidades, un plano contábel adaptado ás asociacións sen ánimo de lucro, a xeración do balanzo e conta de resultados, a xeración automática e axuda aos asentos máis habituais da organización, asento de peche e apertura do ano, xestión do IVE, etc. O Xestora 3.0 pretende ser un paso máis para cumprir co obxectivo de facilitar a vida das asociacións de Santiago, á vez que impulsa a normalización do idioma galego na xestión administrativa.
A Lei Orgánica 1/2002 obriga ás entidades a levar unha contabilidade por partida dobre, seguindo os principios oficiais do plano xeral contábel de 1990, con certas peculiaridades propias das asociacións sen ánimo de lucro.