ALCALDÍA

Sánchez Bugallo visitou a mostra de coches clásicos exhibida no Obradoiro

05/07/2019 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visitou este venres a exposición de coches clásicos organizada na praza do Obradoiro pola asociación comercial Compostela Monumental e o Club Clásicos do Incio.

Unha trintena de vehículos do século pasado forman esta mostra ao aire libre, que permanecerá no Obradoiro ata as 18:30 horas. Pódense observar coches como un Ford Fairlane, un Cadillac Rockenbaugh ou dous Chevrolet Corvette Stingray, entre outros.

Compartir: