CENTROS SOCIOCULTURAIS

Este xoves, nova ruta en bicicleta no marco do programa "Pedalea"

01/07/2019 Ese vindeiro xoves 4 de xullo, ás 18:00 horas, celebrarase unha nova ruta en bicicleta dentro do programa Pedalea, posto en marcha dende a rede de centros socioculturais. A proposta arrincou o pasado sábado cun percorrido pola zona de Aríns no que participaron 17 persoas.

Os/as participantes na ruta do xoves farán un percorrido pola lagoa da Cidade da Cultura e polas Brañas de Sar. A ruta arrincará dende o Centro Sociocultural das Fontiñas.

Compartir: