EDUCACIÓN

Publicada a lista definitiva de admitidos/as na Escola Municipal de Música para o curso 2019-2020

25/06/2019 Finalizado o periodo de reclamacións ás listas provisonais de admitidos, procede a publicación da listaxe definitiva de admitidos na Escola Municipal de Música de Santiago para o vindeiro curso 2019/20 e o proceso de matrícula, de acordo cos prazos e o procedemento aprobado pola Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o 22 de marzo de 2019.

Os solicitantes que o desexen poderán realizar as consultas que consideren a partir de hoxe martes 25 na Escola Municipal de Música: teléfonos 981 528 701/ 881956924/ 636979527 (Finca Vista Alegre. Rúa Salvadas).

Período de matrícula (do 24 de xuño ao 5 de xullo)
A matrícula formalizarase na Secretaría da EMM do 24 de xuño ao 5 de xullo. De non formalizarse a matrícula no período correspondente decaerá o dereito á praza obtida (aínda constando o alumno/a na relación definitiva de admitidos) e terase por desistido da solicitude, arquivándose o expediente e non figurando nas listas de agarda.

Documentación que deben achegar xunto coa solicitude de matrícula:

- Aquela documentación que indique a Ordenanza de prezos públicos de Santiago como necesaria para beneficiarse das bonificacións ou exencións que se establezan.

- Anexos 1 e 2 (dispoñibles na EMM, na web do Concello ou no Departamento Municipal de Educación) e autorización de saída do centro no caso dos menores de idade.

- Fotocopia do DNI ou folla do libro de familia onde figura o alumno/a.

- Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a.

- Xustificante bancario de ter satisfeito as taxas de matrícula na conta bancaria habilitada a tal efecto (se non se está exento do pago).

Prezo público
De acordo coa Ordenanza 4.30. Prezo público pola prestación dos servizos da Escola Municipal de Música- Modificación aprobada por acordo do Pleno da Corporación o día 31 de outubro de 2012. Publicada no BOP da Coruña de 31 de decembro de 2012:
· Matrícula: 59,50 EUR
· Cotas mensuais:
Escola Infantil de Música: 35,65 EUR
Especialidade instrumental (curso completo) PEX ou PEPA: 53,50 EUR
Práctica instrumental + actividades instrumentais de conxunto: 42,80 EUR
Formación musical complementaria á práctica instrumental: 35,65 EUR

Documentos relacionados



Compartir: