EDUCACIÓN
Publicadas as listaxes definitivas de admitidos/as e excluídos/as no Programa de Conciliación de Verán
20/06/2019 A Concellaría de Educación vén de publicar os listados de admitidos/as e excluidos/as no Programa Municipal de Conciliación Escolas de Verán 2019, que se celebrará no CEIP de Vite e no CEIP Monte dos Postes. As actividades arrincan o vindeiro luns 24 de xuño.
As exclusións débense todas elas á non presentación do xustificante de pago en prazo. En calquera caso, tendo en conta que non se cubriron todas as prazas dispoñibles, admitiranse novas solicitudes ata cubrir as prazas vacantes.