EDUCACIÓN

Novos visitantes para a mostra "Plantando libros"

08/02/2007 O Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche acolleu a visita dos alumnos do CEIP Colexiata de Sar e do Colexio M. Peleteiro á exposición "Plantando libros".

Os escolares dividíronse en dous grupos, de tal xeito que mentres uns visitaban a exposición e asistían a unha sesión de contacontos, os outros participaban nun obradoiro de artes plásticas.

"Plantando libros" contén orixinais de membros da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) acompañados por textos de diversos autores. En total son 78 os artistas, entre escritores e ilustradores, que ofrecen a súa visión da natureza.

Compartir: