CENTROS SOCIOCULTURAIS

Villestro explora a súa historia

07/02/2007 No Local Social de Villestro, no lugar de Quintáns, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou a exposición sobre o barrio de Villestro incluída dentro do programa "A historia vai por barrios".

Este barrio do rural compostelán toma o relevo da Trisca e da Rocha, onde se organizaron as dúas primeiras exposicións do proxecto, que agora están a rotar precisamente entre os seus dos centros socioculturais. Villestro conta cunha longa historia e aparece moi vinculado ao desenvolvemento da cidade, por tela provisto de alimentos durante séculos.

Logo dun prolixo traballo de busca nos diversos arquivos, configurouse una exposición con ilustracións e textos. Ademais, reuniuse un bo número de obxectos achegados polos veciños, a quen o alcalde agradeceu a súa colaboración.

A inauguración da mostra foi unha boa ocasión para que o alcalde intercambiara impresións cos veciños en torno ao rico pasado dun barrio en pleno proceso de transformación.

Compartir: