ALCALDÍA

O alcalde recibiu os/as traballadores/as municipais no día de Santa Rita de Casia, a súa patroa

22/05/2019 O alcalde compostelán, Martiño Noriega, acompañado doutros/as integrantes da Corporación, recibiu no salón vermello os empregados e empregadas municipais, con motivo da celebración da súa patroa, Santa Rita de Casia.

Martiño Noriega agradeceu aos traballadores e traballadoras municipais a súa "profesionalidade" e "dedicación" en prol da cidade e do servizo público, especialmente en tempos coma os actuais de limitacións de persoal. Tamén tomou a palabra no acto o secretario municipal, José Ramón Alonso.

Compartir: