CENTROS SOCIOCULTURAIS

O Centro Sociocultural da Trisca programa novas actividades

06/02/2007 Nenos e adultos están invitados a participar nas distintas actividades que o Centro Sociocultural da Trisca, no barrio de San Pedro, programa para as vindeiras semanas. Diversos obradoiros e xogos integran a oferta.

Para os máis pequenos, o centro ten preparado un obradoiro para experimentar coa música e que se desenvolverá os sábados de 11:30 horas a 12:30 horas. Está dirixido a nenos de entre 6 e 11 anos. Ademais de música, haberá maxia, con outro obradoiro, pero neste caso os mércores de 18:30 a 20:00 horas. As actividades para os máis novos complétanse cunha ludochapa, o mércores 7 de febreiro e o sábado 10 de marzo, ás 18:30 horas.

No caso dos adultos, haberá obradoiros de manualidades os venres de 19:00 a 21:00 horas. Para os xoves, no mesmo horario, quedarán os de poda e xardinería. Os sábados pola tarde o Centro terá danza do ventre. A oferta máis inmediata inclúe tamén un obradoiro de guión audiovisual, de 30 horas de duración. Organizaranse dous grupos, un de luns a venres de 10:00 a 12:00 horas, e outro martes e xoves de 16:00 a 18:00 horas.

Compartir: