EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Clausura este sábado da XIX Campaña Municipal de Animación á Lectura

26/04/2019 Este sábado, ás 12:00 horas, o Centro Abanca Obras Social, na praza de Cervantes, acolle a clausura da XIX Campaña Municipal de Animación á Lectura. Será cunha sesión aberta e de balde ata completar aforo na que haberá contos música e outras sorpresas, ademais do concerto do alumnado da Escola Municipal de Música.

Nesta edición da Campaña, que arrincaba o 28 de marzo, sucedéronse as actividades, todas elas cun grande éxito de participación. Así, máis de 3.000 nenos e nenas participaron nas sesións de contacontos, e máis de 200 nos obradoiros de escrita creativa e ilustración. Outras cifras significativas son os/as 100 participantes nas sesións formativas para mestres ou as 100 familias que asistiron ás sesións Do berce á lúa, para nenos e nenas de 0 a 3 anos. Un total de 33 centros escolares participaron nalgunha das diversas actividades da Campaña de Animación á Lectura.

Compartir: