ALCALDÍA

Matemáticos e físicos danse cita en Santiago

05/02/2007 Compostela acolle do 5 ao 8 de febreiro o IV Internacional Meeting on Lorentzian Geometry. Trátase dunha serie de congresos que reúnen a matemáticos e físicos para falar de temas como a relatividade.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu aos participantes neste encontro, auspiciado pola Real Sociedade Matemática Española, a Rede Temática de Xeometría e Física e a Rede Temática de Gravitación e Cosmoloxía. Esta xuntanza ten unha importante repercusión científica, e tamén de proxección exterior de Santiago, xa que reúne a expertos de diversos países dos cinco continentes.

Compartir: