DEPORTE

Recepción en Raxoi á karateka Cristy Tojo

11/04/2019 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, xunto con outras integrantes da Corporación, recibiu en Raxoi a Cristy Tojo, campioa de Europa sénior de Parakárate, na categoría de kata e na modalidade de diversidade visual.

Cristy Tojo, integrante do Club Deportivo Avalon Kai, chegou ao Campionato de Europa tras obter tamén a medalla de ouro no Campionato de España. Na final do torneo continental, celebrado en Guadalaxara, a karateka compostelá impúxose á estonia Monika Preem.

O rexedor municipal expresoulle o "recoñecemento" da cidade á karateka por unha victoria que tivo moita repercusión e tamén pola súa traxectoria de loita feminista. Martiño Noriega puido colgarse a medalla de Cristy Tojo como campioa de Europa.

Compartir: