DEPORTE

Recoñecemento a un novo éxito do Arteal Tenis de Mesa

11/04/2019 O club Arteal Tenis de Mesa segue colleitando éxitos, xa que vén de proclamarse gañador da Copa do Rei 2019, motivo polo que os seus integrantes foron recibidos en Raxoi polo alcalde, Martiño Noriega, e por outras integrantes da Corporación.

O Arteal logrou o seu primeiro título da Copa do Rei o pasado 17 de marzo, tras impoñerse na final ao Burgos TPF. José Énio Mendes, Humberto Manhani e Moisés Álvarez integraron o equipo compostelán na competición, disputada en Guadalaxara. Os tres xogadores estiveron acompañados na recepción polo presidente do club, José Alborés.

O alcalde mostrouse "orgulloso" do nivel competitivo que o Arteal vén demostrando durante a súa traxectoria, así coma do seu traballo coa base. Ademais, desexoulles sorte no decisivo partido que esta fin de semana disputan co Cajasur de Priego (Córdoba).

Compartir: